O Vilalonga confírmase como a revelación do campionato

SALNÉS> Non deixan de chegar boas novas para os conxuntos do Salnés. O Céltiga continúa invicto aínda que sen pasar do empate. Onte igualou a un gol en Negreira, mentres que o Vilalonga confírmase como revelación do campionato tras gañar o As Pontes. Os de Guillermo son cuartos na xeral.

{flowplayer}images/salnes/terceira_100912.flv{/flowplayer} 

Poucos podían agardar un comezo tan bo do Vilalonga esta temporada. Os problemas polos que atravesou o club durante este verán semellan esquencidos logo de tres xornadas nas que o equipo xa suma sete puntos, para colocarse cuarto na xeral.

Todo grazas a un partido moi serio e ás xogadas de estratexia, de feito os tres goles chegaron precedidos dun saque de esquina. O primeiro, obra de Roberto Piñeiro, mediado o primeiro tempo. Tan só sete minutos despois empatou As Pontes, mercede a un tanto de Eloy dende a frontal.

Sen embargo a expulsión de Rochela, poucos minutos despois, deixaba en inferioridade ós visitantes, que a partir de ahí sufriron moito ante o empuxe local. Antes do descanso Isma facía o segundo coa testa. E xa no treito final do encontro, do mesmo xeito Miguel dáballe a tranquilidade ó seu equipo co definitivo 3-1.

A semana que ven deberán desprazar a Santiago para afrontar unha das saídas máis complicadas do ano, en San Lázaro ante o Compostela.

Sigue sen gañar pero tampouco sen perder o Céltiga que sumou o seu terceiro empate consecutivo. Antonio adiantou antes do descanso ós de Manuel Núñez que verían como o Negreira lle empataba a sete minutos para o 90. Os dous equipos puideron levarse o partido, que foi moi abeto, pero o reparto de puntos final antóllase o xusto. O vindeiro rival na Illa, o Somozas.

Redacción Salnés