O PP esixe que o novo acceso ó porto de Rianxo non afecte a vivendas

    accesoportorianxo_100_200508.jpgRIANXO > O ente Portos de Galicia vén de sacar a exposición pública as obras de remodelación do acceso ó porto de Rianxo.

    {flowplayer}barbanza/accesoportorianxo.flv{/flowplayer}

    Dende hai tempo o executivo rianxeiro viña demandando a realización desta actuación, debido fundamentalmente ós problemas de circulación existentes na zona, onde apenas dous vehículos collen á par, debido á estreitez do vial.

    As obras, cun presuposto superior ó millón oitocentos mil euros, contemplan a construción dun paseo de madeira de 45 metros, tres dos cales se construirán sobre o mar, que servirán para o tránsito dos peóns.

    Derrube de vivendas

    A actuación a desenvolver no peirao rianxeiro obrigará o derrube de tres vivendas existentes nas inmediacións que dificultan o paso dos vehículos, fundamentalmente camións cara as instalacións portuarias. O executivo rianxeiro xa informou, a través de escritos, ás familias afectadas polo derrube e as condicións do proxecto. As persoas afectadas teñen de prazo 20 días para a presentación de alegacións ó proxecto.

    Alegación

    Precisamente o grupo municipal do Partido Popular presentou a través do seu voceiro, Xosé Ramón Vázquez, a primeira alegación a esta actuación por considerala totalmente abusiva.

    Xosé Ramón Vázquez considera que a solución ó problema viría dada polo aumento dunha franxa de 15 metros sobre o mar, dende o actual cruce de Rianxiño ata a rotonda do Parque de Galicia, propiciando segundo el, un acceso digno. Deste xeito propiciaríase tamén a creación de novas prazas de estacionamento e a prolongación do paseo marítimo, evitando a expropiación para as familias afectadas.

    Redacción Barbanza