O Gourmet Alján gaña o certame ‘+Q tapas’ de Arousa Norte

RIBEIRA> O Tartar de Chipirón con falso ali oli fixo merecedor ó restaurante Alján de Ribeira do primeiro premio do certame Máis que Tapas organizado pola Mancomunidade Arousa Norte. O xurado especializado escolleu en segundo lugar ó café con churros do rianxeiro Curral do Marqués mentres que en terceiro lugar resultou galardoada a homenaxe ó salazón do restaurante Nojira da Pobra. O Estrella de Mar de Boiro fíxose co premio especial do público.

Nesta segunda edición, o certame comarcal superouse servindo máis de tres mil cen tapas fronte ás duas mil setecentas do pasado ano. Unha trintena de establecementos sumáronse á iniciativa que busca desestacionalizar a oferta turística da comarca a través da súa gastronomía.

Durante a entrega de premios, procedeuse tamén ó sorteo de dous bonos d turismo cultural entre os clientes que participaron no certame cos seus votos. Foron parar a Elisa Torrado Rodríguez e Martín González Rodríguez.