A Feira do Libro de Rianxo celebrarase no Campo de Arriba

RIANXO> Entre o 23 e o 26 de xullo celebrarase en Rianxo a Feira do Libro. Esta edición estará marcada polas medidas especiais de seguridade fronte ó coronavirus así como polo cambio de emprazamento posto que se instalará no Campo de Arriba.

Un total de seis librarías, dúas delas de Rianxo, participarán na feira do libro da localidade que dará comezo o vinte e tres de xullo. Durante catro xornadas, os expositores instalaranse no Campo de Arriba onde os lectores poderán mercar libros co dez por cento de desconto.

Aínda que este ano non haberá presentacións de libros si se manterán as firmas, con especiais medidas de seguridade.

Entres os autores, destacan numerosos escritores da comarca, entre eles o rianxeiro Xosé Ricardo Losada, que exercerá como pregoeiro.

Tanto os horarios como o programa completo pode consultarse na web de cultura do concello de Rianxo.