A Pobra retoma este domingo a súa programación cultural

A POBRA> A Pobra retoma esta vindeira fin de semana a súa programación cultural. Farao coa actividade ‘Monologando no Elma’. Un ciclo de monólogos que tivera que ser suspendido en xaneiro por mor da covid.

Baixo o ciclo ‘Monologando no Elma’ a Pobra recupera este domingo a súa programación cultural que tivo que ser adiada no seu día a consecuencia da covid.

A primeira das citas deste ciclo de monólogos será este domingo co espectáculo ‘Por unha peseta’ a cargo de Apatacón.

O domingo 14 actuará Oswaldo Digón e o 21 Avelino González. Tódalas sesións serán as sete da tarde. As entradas son de balde, pero debido á actual situación sanitaria será preciso facer reserva previa cun límite de 60 prazas.  A actividade está organizada pola concellaría da Cultura en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.