As parlamentarias do PP presentan as alegacións a lei integral de drogas

    dv776_-_pp_deputadas_100.jpgMEAÑO > As deputadas parlamentarias do PP, Amparo González Méndez e Rosa Oubiña Solla presentaron esta mañá en Meaño a moción…

    … que o seu grupo vai a presentar a semana que ven ante o pleno do parlamento en defensa do sector do viño. As dúas populares deron conta das súas obxeccións ante o chamado anteproxecto de lei integral en materia de drogodependencias e outros trastornos aditivos, que ultima a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Amparo González resumía as súas peticións pedindo unha normativa específica para o viño de calidade e unha normativa consensuada e dialogada co sector.

    As deputadas populares piden por tanto que se abra unha mesa de negociación na que teñan cabidas tódalas partes implicadas para acadar unha solución conxunta. González asegura tamén que esta medida, en caso de seguir adiante suporía unha nova navallada dos socialistas ó sector vitivinícola que xa se atopa sumido nunha situación que incertidume actualmente que lle está a repercutir xa nos seus intereses. Engade ademais, que esta normativa entra en clara contradicción cos plans vitivinícolas da Consellería do Medio Rural e das rutas do viño de Galicia; así como con outras leis vixentes.

    Os populares lanzaron unha clara mensaxe ó Bng para que o próximo martes actúen de xeito coherente nas votacións parlamentarias, dando o visto bó a estas cuestións que propón o PP, tal e como xa están facendo en moitos concellos da comarca do Salnés.

    Redacción Salnés