O CEE de Vilagarcía realiza a III San Silvestre solidaria para doar produtos a Amigos de Galicia

VILAGARCÍA> O Centro de educación especial de Vilagarcía celebra a súa terceira carreira solidaria. Máis de 40 alumnos do centro participaron nunha competición benéfica ao redor das instalacións do CEE. Os participantes trouxeron obxectivos de hixiene que serán doados á Fundación Amigos de Galicia.

A San Silvestre tamén se corre en Vilagarcía, concretamente no Centro de Educación Especial. Dende a escola realizaron a terceira edición dunha carreira na que participa o seu alumnado e o profesorado. A iniciativa ten fins solidarios en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia. Para o centro é unha actividade con moitos beneficios para o seu alumnado.

A situación actual obrigou ao centro a organizarse para cumprir co protocolo sanitario. Na carreira solidaria participaron 40 alumnos en catro quendas.

O alumnado aportou a seu gran de area doando produtos de hixiene persoal. As doazóns serán destinadas á Fundación Amigos de Galicia.

As actividades solidarias do centro complétanse cunha campaña de vendas de produtos elaborados polo alumnado de reprografía. Pola súa banda, a Fundación Amigos de Galicia atópase somerxida na campaña de doazóns de xoguetes e comida de nadal. Este ano e debido ao covid están priorizando as doazóns económica para mercar os produtos e colaborar cos comercios locais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí