![]()
VILAGARCÍA > Unha familia de Bamio denunciou no xulgado ó constructor e arquitectos polos desperfectos de construcción da súa vivenda.
{flowplayer}images/salnes/denuncia_bamio.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA > Unha familia de Bamio presentou unha denuncia no xulgado polos desperfectos de construcción da súa vivenda. Considera culpables disto ó constructor e ós arquitectos da obra, entre eles o ex edil de Cultura Roberto Araújo. Ademais cre que o Concello podería ser responsable civil subsidiario ó dar licencia de primeira ocupación a unha vivenda con tantos danos.
O pesadelo para Natalia Caíño e o seu home comezou cando compraron unha casa en 2004, na rúa Petroglifos, en Bamio, Vilagarcía. Entón vivían en Suíza e nunhas vacacións adquiriron a vivenda á empresa Promociones Providovil. Faltábanlle algúns detalles pero creron que llos arranxarían, pero a súa sorpresa veu cando o Concello lle deu licencia de primeira ocupación e o constructor deixou a obra sen reparar os danos.
Tras intentar por activa e por pasiva que o constructor se fixera cargo dos danos, denunciaron á empresa, ó arquitecto Ildefonso Estévez, ó arquitecto técnico Amando Canitrot, e ó ex edil Roberto Araújo, como arquitecto técnico da obra. Consideran que todo isto pode ser constitutivo de delictos de estafa, danos, falsidade en documento oficial e prevaricación e cren que o Concello podería ser responsable civil subsidiario por dar a licencia de primeira ocupación a unha vivenda con danos. Natalia Caíño afirma que o que está a vivir a súa familia é insoportable.
Redacción Salnés








