Cultura Quente volve a Caldas con 18 grupos e páxina web

    culturaquente_100.jpgCALDAS > O festival de música Cultura Quente volve un ano máis a Caldas de Reis cun cartel moi completo e recén saído do forno, xa que a asistencia dalgún …

    … dos grupos aínda se pechou onte. En total serán 18 formacións as que pasarán polo Campo da Feira caldense entre os días 11 e 12 de xullo. Para obter máis información sobre os mesmos, só temos que escribir en internet a dirección da nova páxina creada para a cita: Culturaquente.com.

    Entre as formacións hainas do ámbito internacional, nacional e tamén galego. Algunhas son bandas noveis pero sobre todo, tocarán grupos xa consolidados no panorama da música alternativa coma John Aguaviva, The godfathers, The Sunday Drivers, Vestusta Morla, Deluxe, Café Tacuba ou Viva la Féte, estes dous últimos incluídos tamén no cartel de festivais coma o de Benicasin ou o Rock in Río de Madrid.

    O festival celebrarase entre os días 11 e 12 de xullo na carballeira de Caldas que este ano suma tres escenarios, co novo espazo dedicado á electrónica. Será de novo totalmente gratuíto, incluída a acampada. Dende o concello esperan volver a reunir a un bo número persoas, e non dubidan en que nesta edición dean un paso máis na evolución do certame.

    A novidade do Cultura Quente 2008 e a páxina web oficial coa xa conta o festival, que tamén ven de unirse ó proxecto musical Galicia Escoita. En ámbalas dúas direccións, Galiciaescoita.com e sobre todo en Cultura Quente.com, podemos atopar toda información sobre os grupos que tocarán na cita, así coma os horarios das actuacións, foros, concursos ou información en tempo real sobre as últimas novidades dos festival.

    Redacción Sálnés