O PP de Cambados critica ao goberno local por suspender o mercado ambulante

CAMBADOS> O PP de Cambados critica a decisión do goberno local de suspender o mercado ambulante da vila. Aseguran que o bipartito tomou a decisión sen ter en conta aos vendedores nin aos veciños. Os populares cargan contra a alcaldesa e o concelleiro de economía, comparando a súa actitude coa dun mafiosos siciliano.

Co paso á fase 1 da desescalada, os vendedores do mercadillo de Cambados tiñan previsto recuperar a súa actividade. Unha previsión que se veu truncada pola decisión do goberno local de manter suspensa esta actividade ata máis adiante. Dende o partido popular critican esta decisión e sospeitan que ven motivada pola intención do goberno local de trasladar o mercado á Rúa Nova.

Os populares cargaron contra a alcaldesa e contra o concelleiro de economía. Acusan a Fátima Abal de estar desaparecida e a Xurxo Charlín de actuar como un mafioso siciliano.

Dende o Partido Popular non ven un motivo para realizar este cambio. Consideran que o bipartito non ten informes avalados para levalo a cabo, ou que polo menos, non os ensinou nin á oposición, ni aos vendedores, nin aos propios veciños.

Por todo isto, o partido popular entende que é lexítima a petición dos vendedores e comerciantes de reunirse co concello para coñecer cales serían as condicións do traslado do mercado á nova localización.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí