O Náutico de Ribeira distingue como socio de honra a X. L. Méndez

sociohonra_100_230508.jpgRIBEIRA > A distinción foille outorgada ó director xeral de Caixa Galicia pola súa contribución ó crecemento desta entidade e a promoción do deporte náutico.

{flowplayer}barbanza/sociohonra.flv{/flowplayer}

O nomeamento tivo lugar este mediodía nun acto celebrado nas instalacións do club ó que asistiron numerosos representantes do tecido socioeconómico da comarca do Barbanza.

O director xeral de Caixa Galicia e, dende hoxe, socio de honra do Club Náutico de Ribeira desprazouse ata Ribeira para asistir ó acto de homenaxe no que se fixo oficial o seu nomeamento.

Xosé Luís Méndez chegou ás instalacións do porto deportivo ó redor da unha do mediodía onde foi recibido polo alcalde de Ribeira, Xosé Luís Torres Colomer, o presidente da Federación Galega de Vela, Jose Ángel Rodríguez, o presidente do Náutico, Óscar López, e outros membros da xunta directiva entre eles, o presidente de honra Ramiro Carregal.

Descubrimento placa

Tras realizar unha visita polas instalacións da entidade, Xosé Luís Méndez descobreu unha praca conmemorativa en recoñecemento ó seu labor en prol da vela. E é que precisamente, a escola de vela do náutico ribeirés é unha realidade garzas á contribución da Obra Social de Caixa Galicia que, a través de axudas e patrocinios, fixo posible que máis de douscentos rapaces pidan practicar este deporte en Ribeira.

O alcalde de Ribeira e comodoro de honra da entidade, Xosé Luís Torres Colomer, tamén quixo destacar o gran interese que, dende sempre, amosou o director de Caixa Galicia polo mundo da vela en xeral e polo Club Náutico de Ribeira en particular. Grazas á súa colaboración, moito ten medrado o club dende os seus inicios aló polo 1993 tanto en núemro de socios como en instalacións. Visto o resultado, Torres Colomer fixo un chamamento ó homenaxeado para que siga a apostar polo municipio.

Pola súa banda, Xosé Luís Méndez amosouse moi emocionado pola homenaxe recibida aínda destacou qeu non é el o merecedor senón a institución que preside, que leva anos promovendo a cultura e o deporte en Galicia, levando o nome desta terra polo mundo adiante.

Méndez López destacou que esta homenaxe supón o mellor recoñecemento posible posto que procede dun grupo de amigos, a máis grande fortuna que pode posuír unha persoa.

Redacción Barbanza