Sanxenxo reivindica a calidade e propiedades do aceite de oliva

SANXENXO> O  aceite de oliva foi hoxe o protagonista en Sanxenxo. Alí organizaron unha xornada centrada neste produto, nas súas utilidades e, por suposto, nas súas múltiples vantaxes para a nosa saúde. Na iniciativa, á que acudiron varios expertos, participou o alumnado do Obradoiro de Hostalería. Tamén un grupo de persoas que, previa inscrición, puido catar varios tipos de aceite e unha escolma de pratos nas que, dun ou doutro xeito, está presente o ouro líquido.

Todo o mundo sabe que non hai como o aceite de oliva virxe extra. Un produto universal que tantas posibilidades como propiedades. Esta mañá, no Obradoiro de Hostalería do Salnés organizaron unha xornadas dedicadas a este produto. Unha iniciativa na que varios expertos chegados de varios puntos de España tomaron a palabra, entre eles unha empresa da provincia de Pontevedra. Teñen sete hectáreas de oliveiras no Baixo Miño.

E é que Galicia noutrora foi terra de oliveiras. Un cultivo que está en alza e que nada lle ten que envexar ao doutras zonas de España. Unha calidade que logo queda plasmada no prato. Por iso, na cociña do Obradoiro de Hostalería da Mancomunidade de Salnés só empregan este tipo de aceite.

Nesta xornada participou todo o alumnado do Obradoiro. Tamén un grupo de persoas que, previa inscrición, puido catar varios tipos de aceite e unha escolma de pratos nas que, dun ou doutro xeito, estaba presente o aceite de oliva virxe extra.