O Sommi, gañador da Regata Rodríguez Toubes

vela250_260508.jpgVILAGARCÍA >  Esta fin de semana celebrouse a XII Regata Almirante Rodríguez Toubes, para cruceiros. A proba organizada polo Real Club de Regatas Galicia e a Escola Naval de Marín foi coma sempre un éxito organizativo e de participación.

Ó redor de corenta barcos reuníronse estes días nas Rías Baixas para disputa-la Regata Almirante Rodriguez Toubes, puntuable para a Copa Galica de Cruceiros.

A proba dividíuse en dúas etapas: Marín-Vilagarcía o sábado e Vilagarcía-Marín o domingo. A falta de vento na primeira xornada propiciou un lixeiro retraso e que os barcos tiveran que tomar a saída dende Sanxenxo, para acabar chegando a Vilagarcía mediada a tarde.

Sobre as cinco fixeron a súa entrada os primeiros participantes; en tempo real a victoria foi para o Etea da Escola Naval Militar, aínda que na compensanción dos tempos o Sommi do Club Náutico de Ribeira levouse a victoria.

Xa en mellores condicións celebrouse a derradeira etapa entre Vilagarcía e e Marín. O Aldán, barco da Escola Naval de Regatas patreoneado polo Almirante Jaime Rodríguez Toubes foi o vencedor da tirada e colocouse en segunda posición dunha clasificación xeral que ó final levouse o Sommi.

Na entrega de trofeos acompañando ós presidentes do Real Club de Regatas Galicia e da Comisión Naval de Regatas, estiveron presentes diferentes autoridades políticas locais e provinciais, así como os presidentes das principais empresas patrocinadoras e colaboradoras: Extrugasa, Bodegas Heras Cordón e Frinsa.

Redacción Salnés