Comeza o torneo do k.o. máis igualado dos últimos anos

baloncesto250_140208_001.jpgVILAGARCÍA > O Extrugasa disputa hoxe en Sevilla o seu partido de cuartos de final da Copa da Raíña. As vilagarciáns enfrontaranse a un duro rival, o San José de León, ó que xa lle demostraron este ano que lle poden gañar.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_140208.flv{/flowplayer}

Chega sen dúbida un dos momentos máis importantes do ano, unha das competicións máis atractivas. A Copa da Raíña reúne esta fin de semana en Sevilla ós oito mellores equipos de España, e entre eles estará o Extrugasa. Nas quinileas non aparece coma favorito.

O título semella ter un dono antes de comezar a competición, e ese é o Ros Casares; os adestradores danlle tamén certas opcións, aínda que reducidas, ó Perfumerías Avenida e ó propio San José de León, rival mañá das vilagarciáns. Pero máis lles vale as leonesas pensar no encontro de cuartos porque o Extrugasa acude a Sevilla máis motivado que nunca.

Por primeira vez chegan á copa e non se teñen que enfrontar ó Ros Casares, o que lles outorga posibilidades de acceder a unhas hipotéticas semifinais. Será difícil, porque o rival é terceiro na liga e venlle de gañar ó líder, pero non imposible.

Este ano as de Isaac Fernández xa doblegaron ás leonesas en pretemporada e na Liga caeron coma visitantes por tan só dous puntos. As claves pasarán de novo polo rebote e polo equipo que saiba controlar o ritmo do encontro.

Pase o que pase, acudir a esta cita xa é un premio, tanto para as xogadoras e cadro técnico e afección. Por iso viaxan a Sevilla sen ningunha presión.

Tódalas xogadoras estarán dispoñible para o encontro, que dará comezo ás 16:00.

Redacción Salnés