Éxito de participación na Marcha Cicloturista Lobeira

cicloturista250_270508.jpgVILAGARCÍA > Esta fin de semana celebrouse a XIII Marcha Cicloturista Club Ciclista Lobeira. Unha auténtica festa do deporte da bicicleta na que se congregaron case dous centenares de persoas.

Esta fin de semana celebrouse a XIII Marcha Cicloturista Club Ciclista Lobeira. Unha auténtica festa do deporte da bicicleta na que se congregaron case duascentas persoas para percorre-los cen quilómetros dos que constaba proba.

Desafiando á mala climatoloxía saíron dende a Praza da Peixería, pasaron pola maior parte dos concellos do Salnés para rematar de novo en Vilagarcía no mesmo punto de saída.

Os premios non recaeron nos primeiros en chegar senón no club máis numeroso, no que veu dende máis lonxe, no ciclista máis veterán e no máis xoven, aínda que despois todos se levaron un agasallo da organización.

Redacción Salnés