O PP do Salnés homenaxea a Gonzalo Durán polos seus 20 anos como alcalde

    VILANOVA> Preto de 1300 populares deron calor ó pavillón municipal de Vilanova para celebrar a xuntanza anual máis multitudinaria da provincia. Ou segundo o seu presidente provincial, Rafael Louzán, ‘a cea máis importante de Galicia’. Foi unha noite para compartir, para celebrar, para homenaxear, pero a ninguén se se lle escapaba que tamén para coller folgos de cara as próximas eleccións municipais. Conversas en corrillo. Pero se houbo un protagonista esa noite foi Gonzalo Durán. Compañeiros, militantes e simpatizantes do Partido Popular quixeron ofrecerlle un recoñecemento polos seus vinte anos á fronte da alcaldía de Vilanova. Non houbo oco para diferenzas. Foi unha noite de celebración e na que os populares do Salnés quixeron ofrecer a súa imaxe máis unida e cordial. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/15/CEAPPSALNES.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/15/CEA_PP_SALNES.mp4{/flowplayer}