RIBADUMIA> Ducias de persoas achegáronse hoxe á feira de emprego que o grupo Vegalsa organizou en Ribadumia. A empresa está a piques de abrir un novo supermercado en Meis e está a buscar persoal na zona. A compañía seleccionará entre os que entregaron hoxe o seu currículo unhas 25 persoas para o seu novo equipo. Para aqueles que non se puideron achegar, manteñen en marcha o proceso de selección a través da súa páxina web.
Hoxe a noticia estaba no supermercado. En concreto, neste Familia de Ribadumia. Aquí, o grupo Vegalsa organizou unha feira de emprego, coa vista posta no concello de Meis. O grupo está a piques de abrir un novo supermercado nese municipio, así que anda á procura de candidatos para traballar nel.
A convocatoria xerou unha grande expectación na zona. Dende primeira hora da mañá formáronse ringleiras nestas instalacións de aspirantes a facerse con algún dos 25 postos de traballo que están en xogo.
Outros candidatos amosábanse un chisco máis confiados, pola experiencia previa.
E algún máis con experiencia laboral noutros sectores, explicábanos que nestes tempos o mellor era apostar por un traballo con algo máis de estabilidade.
Na empresa recoñecen que tiñan actas expectativas con esta xornada, porque a apertura dun novo centro sempre ten moito tirón, máis aínda cando os postos de traballo ofrecen a posibilidade de formarse. Explican que por aquí pasaron hoxe perfís de todo tipo.
E para aqueles que non puideron achegarse hoxe, a convocatoria segue aberta por internet.
O novo supermercado Familia estará situado nas instalacións que antes ocupaba Día na estrada de Vilagarcía, preto da rotonda da Autovía do Salnés. A previsión é que abra as súas portas a mais tardar a comezos de abril.











