Ribadumia denuncia un novo vertido ilegal de cuncha de mexillón

    cuncha100_280109.jpgRIBADUMIA> O Concello de Ribadumia denunciou no Seprona un novo vertido ilegal de cuncha de mexillón.

    {flowplayer}images/salnes/VERTIDO_RIBADUMIA.flv{/flowplayer}

    RIBADUMIA> O Concello de Ribadumia denunciou no Seprona un novo vertido ilegal de cuncha de mexillón. Nesta ocasión afecta ó Monte do Castro, unha das áreas recreativas máis salientables do municipio, segundo lembra a alcaldesa Salomé Peña. Por iso tamén puxo o asunto en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente.

    Nos últimos meses xa se rexistraron vertidos deste tipo noutras zonas do concello, como Sisán ou Barrantes. Na maioría dos casos son os propios veciños os que dan aviso ó Concello, xa que ademais de deixar a cuncha de mexillón nas beiras das pistas, ás veces vértena en fincas privadas. Os feitos están a ser investigados polo Seprona, que busca as empresas responsables, pero, a maiores, a alcaldesa pide a colaboración dos veciños.

    O Concello advirte ademais que ten que empregar medios propios para desfacerse da cuncha de mexillón, co conseguinte problema de non saber onde levalo.

    Redacción Salnés