A Volta do Salnés preséntase máis emocionante ca nunca

volta250_270508.jpgRIBADUMIA > A Sala de Xuntas do Concello de Ribadumia acolleu esta tarde a presentación da XXI Volta ó Salnés. A carreira, que se disputará o sábado, significará o peche ó calendario de probas dunha Copa Deputación que chega a esta derradeira tirada coa clasificación xeral moi apretada.

Máis de 120 ciclistas pelexarán este sábado, a partires das 16:00 pola victoria na proba raíña da Copa Deputación, a Volta ó Salnés.

Seis equipos galegos e outros cinco portugueses tomarán parte nunha carreira de 140 kilómetros de percorrido que terá a súa saída e a súa chegada por primeira vez en moito tempo en Ribadumia, xa que este ano decidíuse adiantar a proba para que non coincidira coa Festa do Viño Tinto.

Os corredores terán que superar primeiro 100 quilómetros aptos para rodadores para logo escalar catro portos de cuarta categoría, curtos pero exixentes, como o son os altos de Cordeiro, Carracedo, Pousadoiro e Lobeira. 

Haberá por tanto unha loita pechada por facerse coa proba, por unha banda, e por outra coa xeral da Copa Deputación. Ata seis corredores chegan con opcións de levarse o trofeo final, aínda que o ciclista do Superfroiz, Pablo de Pedro, conta con certa vantaxe por se-lo actual líder.

Entre os asistentes á presentación atopábanse a alcaldesa de Ribadumia Salomé Peña, o vicepresidente da Deputación Jose Juán Durán e o Deputado de Deportes José Enrique Sotelo,e o presidente da federación Galega Sabino Cortino acomñado polo coordinador xeral da mesma, Andrés Vieites. Coma convidaddo de honra estivo Gustavo César Veloso, recén chegado a terras galegas despois de acadar esta semana a victoria na importante Volta a Cataluña. T

odos eles animaron á xente do Salnés a que saia á rúa ó sábado para seguir de preto unha proba que promete ser espectacular.

Redacción Salnés