Muros converterase esta fin de semana na capital do triatlón galego

MUROS>  Este sábado, 2 de xuño, disputarase a primeira edición do Triatlón Mar de Muros. Na proba, que será na modalidade de sprint, participarán un total de 126 atletas, chegados dende diferentes clubs de toda Galicia. Esta mañá tiña lugar no Concello a presentación oficial do I Triatlón Mar de Muros. A cita deportiva terá lugar xa este próximo sábado coa participación duns 126 atletas chegados dende diferentes clubs de toda Galicia. A proba será na modalidade sprint e contará cun itinerario de cinco quilómetros de carreira a pé, vinte de bicicleta e 750 metros de natación. Dende a organización da proba confían no éxito desta cita deportiva, que chega para quedarse e facerse un oco no calendario de competicións deste tipo a nivel galego. A espectacularidade do traxecto si o fai atractivo, como tamén o será o feito de poder seguir a proba a través dunha pantalla xigante, incluos con imaxes aéreas. A alcaldesa valorou tamén moi positivamente a proba, animando ós veciños a acudir a presenciala.