As alevíns do Lousame Voleibol clasifícanse para a fase provincial

LOUSAME> O equipo alevín das Escolas Deportivas Municipais de Voleibol do Concello de Lousame conseguiu o terceiro posto na Fase Zonal do progama Xogade. Este resultado valeulle a clasificaciçon para para disputar a Fase Provincial, que terá lugar este sábado 3 de maio no pavillón Alonso Rodríguez de Noia. Unha clasificación que supón todo un recoñecemento ao traballo levado a cabo por estas rapazas, xa que o equipo tan só conta con 5 xogadoras da categoría alevín e que tivo que ser completado por xogadores en idade benxamín.