A Pobra terá un novo xefe da policia local

    novoxefepoliciapobra_280508.jpgO xefe da policia local de A Pobra, Luis Gigirey abandonará o seu cargo de xeito temporal por motivos de saúde.

    Así o anunciou o rexedor pobrés, Isaac Maceiras que confirmou que xa se están a dar os pasos precisos na busca dun substituto, que se encargará de continuar cas negociacións para solucionar o conflicto que existe con varios axentes que se atopan de baixa.

    Como informou o mandatario, xa se comezaron a dar os primeiros pasos para unha persoa que ocupe temporalmente o posto de xefe da policia local. 

    Busca de substitutos

    O rexedor mantivo unha entrevista con un dos candidatos e ten previsto reunirse con outros dous máis, para, deste xeito, poder anunciar o nome do substituto no menor tempo posible.

    {flowplayer}barbanza/novoxefepoliciapobra.flv{/flowplayer}

    O novo xefe da policia local, que con todo probabidade non saíra das ringleiras da policia local pobresa, será o encargado de continuar as negociacións cos once axentes que se atopan de baixa. O rexedor mantivo unha xuntanza con eles, durante o transcurso da cal, lles anunciou o cese temporal de Luis Gigirey

    Incorporación de novos axentes

    Tras a renuncia de Gigirey, tan só tres axentes conforman o cadro de persoal da policia local. Non obstante, a partir da vindeira semana está previsto que se incorporen catro profesionais máis, que permanecerán en activo durante os meses de verán.

    Redacción Barbanza