O concello de Porto do Son pon en marcha a súa sede electrónica

    PORTO DO SON> O concello de Porto do Son estrea sede electrónica. A través da súa páxina web, oferta este novo servizo á cidadanía que poderá realizar numerosos trámites e xestións sen necesidade de desprazarse ata o concello. O servizo, que estará operativo vinte e catro horas tódolos días do ano, permitirá realizar diversas xestións dende casa sen ter que desprazarse ás dependencias administrativas . Para operar neste portal é preciso identificarse mediante o DNI electrónico ou certificado dixital. Polo momento, entre os trámites que poden realizarse destacan a presentación de documentos, solicitudes ou reclamacións así como o acceso á publicación oficial de anuncios e acordos municipais. A intención do concello e da Deputación, que colabora na posta en marcha da sede electrónica, é seguir ampliando o catalogo de servizos para achegar a administración ós cidadáns. Ademais de favorecer a transparencia, a sede electrónica está dotada de tódolos mecanismos de seguridade para garantir a privacidade de tódolos trámites dispoñibles.