A Feira Mariñeira consolídase en Portosín coa súa cuarta edición

    PORTO DO SON> Portosín prepárase para acoller esta fin de semana a cuarta edición da súa feira mariñeira. Cultura, tradición e gastronomía volverán converxer nesta cita festiva que conta cada vez con maior número de adeptos. A Concellería de Festexos deseñou un completo programa de actividades para aqueles que esta fin de semana se acheguen a Portosín. Como non podía ser doutro xeito a música e a gastronomía ocupan un lugar destacado nesta feira mariñeira. Tamén o deporte que abre o programa co campionato de pesca Brillamar que dará comezo ás dez da mañá do sábado. Durante toda a xornada desenvovlerase o concurso de tapas en diversos locais hostaleiros así como actuacións musicais e de animación. Haberá tamén un desfile de moda a cargo de Lyary Moda, Kuriosea e Isolina. O domingo tódolos asistentes están convidados a unha sardiñada popular. A intención do concello é implicar a tódolos veciños e visitantes na celebración da feira polo que animan ós asistentes a disfrazarse e somerxerse no ambiente mariñeiro da localidade.