![]()
VILAGARCÍA > Acui cumpre tres anos en Vilagarcía, e faino coa asistencia de importantes empresas, organismos e institucións á Feira Internacional da Acuicultura …
… en Galicia, que se desenvolverá no recinto feiral de Fexdega entre os días 3 e 5 de xuño. O Rey don Xoán Carlos será o presidente de Honor do Certame, ó que xa se preesquibiron profesionais de ata 26 países, e empresas asiáticas, americanas e do resto de Europa, ademais de galegas. Vilagarcía volverá a ser deste xeito a capital da acuicultura mundial, nunha feira que está considerada coma a segunda máis importante en Europa trala de Noruega.
Exposicións, degustacións e xornadas técnicas seguiranse durante os tres días da Feira que achegará ata Vilagarcía a profesionais das tres universidades galegas, o director do Consello Superior de Investigacións Científicas, e o do Instituto Español de Oceanografía, ademais do presidente da Asociación Española de Acuicultura. Tamén estarán representadas entidades referentes no mundo da acuicultura coma Apromar ou Innovar, ou a Asociación Nacional de Acuicultores de Colombia. A
internacionalidade está xa que logo garantida nun certame que contará iso si con dúas ausencias moi importantes, as do Consello Regulador do Mexillón Galego e a da Asociación de Produtores do Rodaballo, Aroga, que ata o de agora ocupaban a presidencia e vicepresidencia de Acui.
Redacción Salnés








