A Xunta avanza nos trámites do futuro centro de Noia coa licitación do proxecto construtivo

NOIA> O concello de Noia agarda que as obras do futuro centro de saúde podan dar comezo a finais do próximo ano. A Xunta xa iniciou o proceso de licitación para a redacción do proxecto, cunha partida de 400 mil euros. O orzamento total da obra ascende a dez millóns.

A finais deste mes rematará o prazo de licitación para a redacción do futuro centro de saúde de Noia. As previsións que manexa a Xunta é que a obra, cun investimento total de dez millóns de euros, poida dar comezo a finais do próximo ano.

Non é este o único gran investimento previsto polo goberno autonómico en Noia para este exercicio. Xa se están a dr os primeiros pasos para acometer a primeira fase do desdobramento do corredor Brión Noia en autovía.

O orzamento total para esta actuación ascende a 29 millóns de euros que redundarán nunha maior seguridade e mellor conexión da comarca coa capital galega.