Boiro acollerá este sábado o Campionato Galego de Duatlón

BOIRO> Boiro acollerá este próximo sábado o campionata Galego de Duatlón. A cita, organizada polo Club Natación Boiro en colaboración coa Federación Galega de Triatlón, reunirá a máis de cen atletas chegados dende diferentes clubs de toda Galicia.

Despois do parón vivido o pasado ano coa pandemia, que obrigou á suspensión da proba, a nova normalidade, e a recuperación, en certa maneira, da actividade deportiva, posibilitará a celebración este sábado 1 de maio en Boiro do Campionato Galego de Duatlón. A competición, que está organizada polo Club Natación Boiro, en colaboración coa Federación Galega de Triatlón, reunirá a máis de cen atletas, dende xuvenís a seniors, en categoría masculina e feminina.

Dende o Concello destacaron o feito de poder acoller este tipo de probas.

Dende a organización piden tamén comprensión ós veciños polas molestias que o desenvolvemento da proba poidan ocasionar, xa que será necesario o peche temporal de varias rúas do centro urbano entre as catro e as oito da tarde.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí