O ‘Bon III’, o ‘Youkounkoun’ e o ‘Camping Ría de Arosa’ vencen na XX Regata Frinsa

RIBEIRA> O ‘Bon III’ na clase Regata; o ‘Youkounkoun’ en Cruceiro-Regata e o ‘Camping Ría de Arosa’ en Cruceiro foron os vencedores da vixésima edición da Regata Frinsa. A proba desenvolveuse este pasado sábado baixo a organización do Club Náutico e Deportivo Ribeira.

Un trinta veleiros chegados dende diferentes clubs  da zona tomaron parte esta sábado na XX Regata Trofeo Presidente Ramiro Carregal Rey, unha das grandes citas velísticas da tempada na ría de Arousa.

A proba, organizada polo Club Náutico e Deportivo Ribeira en colaboración coa Federación Galega de Vela, tivo coma gañadores na categoría Regata ó ‘Bon III’, de Víctor Carrión, do Club Náutico Beluso. A segunda praza foi para o ‘Moucho’, de Daniel Ayaso, do Náutico de Riveira, completando o podio nesta clase o ‘Corsario’, de Javier Durán, del Club de Yates de Vilagarcía.

Na Clase Cruceiro/Regata o trunfo foi para o ‘Youkounkoun’, de Adolfo Castro, do Club Náutico de Portonovo, en segunda posición entrou o ‘Ziralla Primero’, de Ramón Barreiro, del Ro Yacht Club, e a terceira praza para o ‘Monterrei’ de Paula Freire do Real Club Náutico Portosín.

Polo que respecta á clase Cruceiro o vencedor foi o ‘Camping Ría de Arosa’, de José Manuel Pombar, do Ro Yacht Club. Segundo era o ‘Fixius’, de Miguel Pérez-Lafuente, do Club Náutico de Vilagarcía e en terceiro lugar quedou o ‘Arosa VI’, de José Luís Torres Colomer, do Náutico de Ribeira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí