Veciños de Vilagarcía volven a manifestarse ante o pleno

    vecios_pleno_100.jpgVILAGARCÍA > Esta tarde celebrouse un novo pleno ordinario en Vilagarcía; no que de novo os veciños volveron a ser os protagonistas.

    Desta volta foron os vilagarciáns residentes en Rubiáns e na rúa Almirante Fontán de Vilaxoán, os que decidiron manifestarse antes do pleno e logo presencialo portando pancartas e fotos alusivas a cadanseu problema. Por unha parte, os veciños da rúa Almirante Fontán protestan pola ocupación que unha promotora inmobiliaria está a facer dunha rúa que é de caracter privado desta organización veciñal.

    Ca súa presencia, volvían a pedir a intervención do consistorio para solucionar este problema; unha situación que van a seguir denunciando ata onde faga falla. A propia presidenta da comunidade veciñal, María Orgán, asegurou que o ambiente nesta rúa entre as obras colindantes e os veciños era insostible. Por outra banda, os veciños de Rubiáns de Arriba volveron a denunciar os constantes asolagamentos que se producen nas súas vivendas, garaxes e fincas cada vez que chove intensamente.

    Unha situación que levan arrastrando deste a primavera pasada e que agora se agudizou co tempo de inverno; e que, tras dúas reunións sobre o terreo ca alcaldesa, seguía sen solucionar. Ó longo do pleno, os veciños fixeron acto de presencia cas súas reivindicacións por escrito e en fotografías. Tanto a oposición como o equipo de goberno fixeron constantes alusións a súa presencia no mesmo.

    Redacción Salnés