A praia da Concha perde a súa bandeira azul

    praia100_280508.jpgVILAGARCÍA > As praias da Concha e Compostela perden a bandeira azul da que viñan gozando no último ano. Así o deu a coñecer …

    … a Asociación de Educación ambiental e do consumidor. Con esta exclusión suman 18 os distintivos que perde a nosa comunidade. Nas rúas arousás por unha banda indignación e pola outra aprobación.

    Aínda que Galicia perdeu 18 das súas bandeiras azuis das praias que bordea no noso litoral, segue liderando neste campo o mercado europeo que nos segue catalogando co maior número de distintivos na seguridade e condicións dos noso areais. Pero significativa e polémica é a perda dunha destas bandeiras que recae nas praias vilagarciás da Concha e Compostela.

    Os cidadáns nas rúas deron as súas opinión se foron moi poucos os que se mostraron en contra da decisión da comisión europea. A maioría pensa que a praia da Concha non reúne as condicións para merecer unha bandeira azul. 

     As reaccións políticas non tardaron en manifestarse. Por parte do concello de Vilagarcía anunciaron a creación dun “comité de xestión da praia” que porá en marcha os métodos e actividades de desenvolvemento das inspeccións ambientais das praias. De este anuncio do goberno local, fíxose eco o partido popular que considera que esta decisión cualificada de última hora non solucionan un problema que se puido tratar durante o último ano. Os populares afirman que a perda deste galardón constitúe un retroceso no turismo na zona.

    Pero non todas son malas novas, contrastando con Vilagarcía, Sanxenxo pola contra converteuse no municipio con maior número de bandeiras azuis de toda España, conseguiu 13 distintivos para 14 praias.

    Redacción Salnés