O Pleno vilagarcián aproba o proxecto Arousa 21

    pleno_vila_foto_100.jpgVILAGARCÍA > O punto máis destacado da orde do día da sesión plenaria celebrada onte a tarde en Vilagarcía era a referente á aprobación…

    … do proxecto Arousa 21; de actuacións de rehabilitación, reordenación urbana e sostibilidade ambiental que se van a levar a cabo nas zonas urbanas de Vilagarcía, Vilaxoán e Carril. Este proxecto xa foi levado a pleno o 11 de febreiro deste mesmo ano, onde se decidiu por maioría, solicitar as axudas FEDER do plan 2007/2013, para cofinanciar o seu investimento total que ascende a 4.430.000 €.

    O grupo popular que encabeza Tomás Fole recriminou ó goberno local que non deixaba claro se dito proxecto era pechado ou se poderían facer de aquí en diante, modificacións baixo o consenso dos distintos grupos políticos. Argumentaron tamén que a necesidade de volver a ter que tratar este tema en pleno, baixo requirimento da Xunta de Galicia, se debe á ineficacia na xestión do bipartito; que non é quen de redactar correctamente á orde dos plenos.

    Pola súa parte, Esquerda Unida e IVIL coincidiron en salientar que esta actuación non é a máis axeitada para un concello tan endebedado, e sacar adiante este proxecto tería como consecuencia que se sigan abandonando outras inversións máis necesarias, como son as parroquias do rural.

    Finalmente este punto saíu adiante cos votos dos grupos do PSdeG-PSOE, BNG e IVIL, e contou ca oposición de Esquerda Unida e ca abstención do Partido Popular.

    Redacción Salnés