VILAGARCIA> Vilagarcía presenta unha nova edición do Curtas Festival do Imaxinario. O evento contará este ano coa reprodución de 99 obras audiovisuais. Estará dedicado á película Gremlins e contará coa visita do seu director Joe Dante.
O Curtas Festival do imaxinario regresa un ano máis a Vilagarcía. O evento superará este ano a programación da edición anterior coa reprodución de 99 pezas audiovisuais. Serán 10 días de cine que volverán a atraer á vila aos amantes do sétimo arte.
Das 99 obras, 42 serán estreas a nivel Galego, tres delas a nivel mundial. A edición estará centrada este ano na película Gremlins. O festival tamén celebrará xornadas paralelas ás reproducións para o goce dos afeccionados ao cine. Entre esas xornadas estará presente o director da película estrela, Joe Dante.
O festival conta co apoio das diferentes administracións, entre elas a deputación de Pontevedra que o inclúe dentro da súa marca de eventos Rías Baixas film fest.
O festival celebrarase do 22 ao 31 de outubro. As entradas poranse a venda a partir de mañá.