“Concello Saudable” chega a Cambados coa fin de previr as mortes prematuras

    saudable100_30-05-08.jpgCAMBADOS > O sedentarismo e a mala alimentación son os principais causantes das enfermidades cardiovasculares…

    O concello de Cambados presentou hoxe o proxecto “Concello Saudable” promovido en colaboración coa Consellaría de Sanidade coa fin de implantar na cidadanía hábitos de vida saudables a través de diversas actividades que porá en funcionamento o departamento de cultura Diferentes asesores sanitarios estarán a disposición dos veciños.

     A taxa de mortalidade prematura incrementouse nos últimos anos debido precisamente ós malos hábitos alimenticios que basean a nosa dieta. O sedentarismo e a mala alimentación son os principais causantes das enfermidades cardiovasculares, que provocan na terceira parte dos casos un agravante terminal. Por iso se puxo en marcha “Concello Saudable” que tentará previr ditas enfermidades Traballarase en tres vertentes : diagnóstico, valoración nutricional e tipo de alimentación recomendada, e exercicio recomendado.

    Para iso contarán no proxecto con dous asesores sanitarios, unha nutricionista e un preparador físico que estarán no concello para atender ós pacientes que queiran valorar os seu estado de saúde. Un xeito de contribuír a mellora-la sanidade pública Comezando polas actividades saudables, maña coincidindo co día mundial sen tabaco, estará colocado diante do concello un stand no que se intercambiarán cigarros por froitas.

    Para máis información das actividades e do proxecto saudable poden visitar o enderezo web www.concellossaudables.com

    Redacción Salnés