![]()
RIBADUMIA> Unha oportunidade única para coñecer as innumerables posibilidades que a conserva pode ter na nosa cociña…
O concello de Ribadumia presentou esta mañá as primeiras xornadas de exaltación da conserva que se celebrarán a vindeira fin de semana coincido coa festa do viño tinto do Salnés. Unha oportunidade única para coñecer as innumerables posibilidades que a conserva pode ter na nosa cociña. A degustación para o público e o concurso de cata serán os pratos fortes das xornadas. Tres días cargados de festa culinaria.
Dende o día 6 ata o 8 de Xuño poderanse coidar o padal coas actividades que este ano o concello quixo poñer en marcha coas primeiras xornadas de exaltación da conserva que coincidirán no tempo coa festa do viño tinto do Salnés. Unha iniciativa que trata de poñer en valor un sector tan importante na comarca do Salnés como son as conserveiras acompañada polo viño tinto da comarca.
O concello agradece a colaboración de 10 das 20 conserveiras que existen na comarca do Salnés por contribuír co proxecto As xornadas comezarán o venres 6 de Xuño as seis e media da tarde cunha demostración culinaria a cargo de dous recoñecidos restauradores no centro social de Barrantes dirixida a público en Xeral co obxectivo de dar a coñecer as posibilidades culinarias da conserva. As 8 da tarde haberá unha visita guiada á conserveira “Conservas de Cambados. Xa no sábado 7 abrirase a carpa oficial na que se espera a visita de diversas autoridades, como o presidente da deputación Rafael Louzán.
Poderase contemplar a exposición “Antigas fábricas de conserva do Salnés” e xa no domingo 8 as 12 da mañá celebrarase o primeiro concurso de cata de conserva. e a 1 e media da tarde haberá unha degustación gratuíta de conservas da comarca. Unhas xornadas que esperan se consoliden no tempo como un atractivo referente na comarca do Salnés
Redacción Salnés









