Protección Civil fai a compra dos veciños máis vulnerables para facilitar o seu illamento

CAMBADOS> Se vostede é veciño de Cambados maior de 65 anos ou con algunha discapacidade, saiba que os efectivos de Protección Civil da vila fan a compra por vostede. Trátase dunha iniciativa posta en marcha polo concello, para evitar que a poboación máis vulnerable ante o coronavirus saia á rúa.

Facer a compra ou ir á farmacia a por medicamentos. Son algunhas das tarefas que os efectivos de Protección Civil de Cambados poden facer por vostede se forma parte da poboación con máis risco fronte o coronavirus.

O funcionamento é sinxelo: mediante unha chamada telefónica á base de Protección Civil poden solicitar esta atención, posta en marcha dende o concello de Cambados para facilitar o illamento.

Polo de momento e tralas primeiras compras, a veciñanza ten reservas de alimentos nas súas despensas. Por iso o máis solicitado é a recollida de mediciñas nas farmacias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí