Pesqueiros de O Grove e Ribeira secundan o paro ó que aínda non se sumou a flota de baixura

    amarreogrove_100.jpgO GROVE > En O Grove os barcos de baixura levan dende o venres amarrados ó porto. Xunto cos armadores de Ribeira e outros socios de Agapa, a asociación galega …

    … de armadores de pesca artesanal, repartidos por Corcubión, Portosin, Finisterre ou Porto do Son, son a única parte da flota de baixura galega que hoxe decidiu secundar o paro dos pesqueiros de altura. As subas continuas do combustible, o estancamento dos prezos do peixe, e a competencia desleal do produto vido de fóra, especialmente do mercado asiático, son os motivos que os levan a secundar o amarre.

    Ó paro non se sumou polo de agora a Federación Galega de Confrarías de Pescadores, que si apoiara o venres as mobilizacións. Isto supón que a maior parte da flota de baixura galega, case o 88 por cento segundo a Consellería de Pesca, saíu hoxe a traballar. As razóns dadas dende a Federación galega son que tal é coma está o sector, permanecer nas dársenas suporía unhas perdas moi altas que non poden afrontar, principalmente para aqueles pesqueiros que están agora en campaña, coma o da sardiña. Porén dende Agapa, defenden que para poder ser efectivos nas reivindicacións que están a facer os armadores de altura, e que tamén lle afectan a eles, é preciso secundar canto antes o paro.

    A folga destes armadores será polo de agora ilimitada. Porén o desabastecemento non chegará aínda ós mercados, dada a actividade maioritaria do sector de baixura. Dende Cepesca, a principal patronal de pesca en España, esperan que toda a flota, baixura e altura, estea amarrada a porto antes do 10 de xuño.

    Redacción Salnés