VILAGARCÍA > A Sala de Xuntas do Concello de Vilagarcía acolleu hoxe a presentación do Campionato Galego de Atletismo para Discapacitados Intelectuais. A competición, que se celebrará mañá en Fontecarmoa, reunirá a máis de 300 participantes de toda Galicia.
Os atletas discapacitados intelectuais volven a ter mañá unha cita ineludible en Vilagarcía. Por cuarta vez Fontecarmoa acollerá unha competición destas características.
Dará comezo ás 10:30, co lanzamento de peso e rematará contra ás 14:30 coas carreiras de relevos. Serán un total de 321 participantes, enrolados a 12 clubs diferentes da provincia de A Coruña e Pontevedra. Destaca a gran participación de atletas vigueses, que conforman a terceira parte do
total. De Vilagarcía preséntanse 42 mentres que do Club Saiar de Caldas de Reis, 26. A edil de deportes Victoria Hierro, e o director de actividades deportivas do Concello, Juanmi Doval, acompañando a José Luis Queiruga (Presidente do Club Polideportivo de Educación Especial) na presentación do evento, xa que a Fundación Municipal de Deportes colabora na organización do mesmo.
Os participantes estarán divididos en varias categorías, menores e maiores de 15 anos, e Competición, Competición Adaptada e Xogo, dependo da discapacidade que padezan.
Redacción Salnés