Pablo De Pedro adxudícase a Volta ó Salnés

ciclismo250_020608.jpgSALNÉS > O segoviano Pablo de Pedro, do Superfroiz, levouse a victoria en Ribadumia no que foi a XXI Volta ó Salnés e con ela a xeral da Copa Deputación.

Cumplíronse os pronósticos que o daban como favorito e Pablo De Pedro alzouse coa victoria na XXI edición da Volta ó Salnés. Unha carreira que como se agardaba, foi moi competida dende o incio aínda que sempre baixo o mando dun inconmensurable Superfroiz que foi excelentemente dirixido por Evaristo Portela.

O Froiz meteu corredores en tódolos cortes importantes que se produxeron obrigando así ós seus rivais a levar a cabo un maior desgaste tirando do pelotón.

Primeiro foi un grupo de 19 corredores que serían absorbidos na Lanzada, e logo outro de sete ós que a aventura lles levou ata Caldas. No Alto do Pousadoiro foi cando comezou a verdadeira carreira, e ahí estivo sempre Pablo de Pedro.

O portugués do Crédito Agrícola Sergio Rúas colleu o mando da carreira pero no descenso cara Lobeira foi cazado por De Pedro que o sacou de roda para acabar chegando á liña de meta con máis de medio minuto de vantaxe sobre o pelotón.

Con esta victoria De Pedro levouse a clasificación xeral da Copra Deputación por diante de Edgar Nohales,e o Superfroiz a victoria xeral por equipos.

A alcaldesa de Ribadumia Salomé Peña ou o Presidente Provincial Rafael Louzán foron algunhas das autoridades políticas presentes na saída e na entrega de premios, sempre ben acompañados polo recentemente gañador da Volta a Catalunya Gustavo César Veloso.

Redacción Salnés