ACUI abre as súas portas con polémica

    informar_38_-_acui_100.jpgVILAGARCÍA > Esta mañá inaugurouse a terceira edición de ACUI, a Feira Internacional de Productos de Acuicultura de Galicia, …

    …que estará instalada desde hoxe e ata o xoves no recinto Feiral de Fexdega en Vilagarcía. No acto de apertura, o máximo responsable da organización, Andrés Gradín, fixo un resumo da situación desta nova edición de ACUI en Vilagarcía; na que participan ata 15 paises e oito comunidades autónomas españolas.

    Pola súa parte, o Presidente da Deputación, Rafael Louzán gabou o éxito desta edición e das dúas anteriores a prol da consolidación deste sector estratéxico para Galicia e que presenta varios aspectos claves para o desenvolvemento económico da comarca do Salnés. O representante do ente provincial coincidiu co PP local en denunciar a falla de apoio da Xunta de Galicia a este evento, tal e como se puxo de manifesto hoxe mesmo, segundo eles, ca falla de representante algún do ente autonómico no recinto, cando o mesmo presidente galego, Emilio Pérez Touriño se atopa de visita neste concello esta mesma mañá.

    Pero esta non foi a única polémica que envolveu esta presentación; o representante do Concello de Vilagarcía, o tenente alcalde nacionalista Xosé Castro Ratón, denunciou públicamente o pésimo traballo desta organización que fan que ACUI marche a deriva, nas súas propias verbas; e que mesmo se atreveu a ningunealo no mesmo acto; cando non o tivo en consideración nin á hora de deixalo intervir nin á hora de ensinarlle o recinto. Castro Ratón denunciou tamén a utilización política que se estaba a facer deste acto por parte do Presidente da Deputación. En consecuencia, Castro Ratón sentenciou que a organización de ACUI deberá dar explicacións e pedir desculpas institucionais a todo o Concello que el representa.

    Redacción Salnés