O cruceiro ASTOR visita de novo o Porto de Vilagarcía

    cruceiro copia.jpgVILAGARCÍA> Este buque cruceiro visitou Vilagarcía con motivo da súa travesía procedente de La Pallice e con destino a Lisboa.

    {flowplayer}images/salnes/CRUCEIRO_PORTO_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Un novo cruceiro fixo escala esta mañá no Porto de Vilagarcía. Trátase do buque cruceiro ASTOR que na súa travesía visita a capital do Salnés procedente de La Pallice e con destino a Lisboa.

    A bordo máis de setecentas persoas, dos cales 457 son cruceiristas e 255 tripulantes. Este buque de luxo ven consignado, segundo explicaron desde a Autoridade Portuaria, pola empresa RUBINE.

    Durante a súa estancia, a Autoridade Portuaria xunto ó concello e as asociacións Zona Aberta e AHITUVI, activaron o protocolo de recepción. Deste xeito, puxeron a disposición dos turistas o tren turístico durante o tempo que durou a escala, estableceron un servizo de Taxi e habilitaron unha carpa de recepción con información turística.

    Para despedir o cruceiro, a actuación do grupo de música e baile tradicional da Asociación Fontefría de Guillán.

    Redacción Salnés