VALGA> O Centro CODI de Valga é o elixido pola Xunta para levar a cabo un proxecto piloto para a redución de residuos. Os 18 usuarios da instalación contarán cun equipo de técnicos para realizar as tarefas de reparacións e reciclaxe de téxtiles, mobles e aparellos electrónicos.
A Xunta de Galicia, en colaboración co concello de Valga, levará a cabo un proxecto piloto para a redución de residuos no centro para persoas con discapacidade de Baño. No CODI cóbrense as necesidades especiais dos 18 usuarios do centro. Con este proxecto realizaranse diferentes actividades para a reciclaxe e reutilización de diferentes materiais.
A Xunta manterá un seguimento do proxecto. Se os resultados son positivos, crearase unha rede galega de redución de residuos.
O alcalde destacou a labor que se está a levar a cabo no centro.
Bello Maneiro agradeceu o apoio da Xunta pero cargou contra a presidenta da Deputación pola falla de apoios.
Ademais das tarefas do proxecto, no centro tamén se lle ofrecen aos usuarios outras actividades como clases de música ou de artes plásticas.