Os veciños de Travanca piden protección para o seu campo de fútbol

    afectados100-_still_001.jpgVILAGARCÍA > Os veciños de Travanca- Sardiñeira de Carril denuncian a suposta situación irregular baixo a que actúa a Comunidade de Montes…

    … polo proxecto xa iniciado dun complexo hípico sen ánimo de lucro na zona do campo fútbol. Denuncian as irregularidades na xestión e acusan os comuneiros de engano. Non descartan tomar medidas pola vía legal.

    Os veciños de Travanca- sardiñeira de Carril móstranse indignados polas actuación que a comunidade de Montes está a levar a cabo co gallo do proxecto hípico que xa iniciaron e que segundo os comuneiros contan co respaldo da consellaría do medio rural, unha afirmación que os veciños negan rotundamente

    Os afectados  tamén denuncian o estado no que se atopa a zona con restos de herbicidas utilizados para eliminar as especies arbóreas da zona, algo que indignan ós afectados. Rexeitan tamén o sistema de votación presuntamente ilegal a favor do proxecto Acusan tamén ós comuneiros de non estar constituídos legalmente como comunidade de Montes ata o pasado 24 de abril, cando o proxecto hípico xa estaba en marcha.

     Os veciños de Travanca -Sardiñeira non están en contra do proxecto hípico, sempre e cando o campo de fútbol non se vexa afectado. Para eles o campo é un cúmulo de lembranzas que non queren esquecer Non descartan adoptar medidas legais se o asunto non se arranxa co diálogo .

    Redacción Salnés