SANXENXO> Sanxenxo acollerá este venres a VIII Gala de Vela Galega. Un evento que, precisamente, nacía nesta vila no 2018. A cita recoñecerá a algúns dos nomes propios máis destacados do panorama galego e internacional, con especial protagonismo para figuras olímpicas como Patricia Suárez ou os irmáns Martín e Jaime Wizner. A gala terá lugar no Auditorio Emilia Pardo Bazán. Na presentación, o alcalde de Sanxenxo destacou que actos como este permiten seguir potenciando os deportes náuticos no municipio.
A Gala de Vela Galega volve ás súas orixes. Sanxenxo acollerá este venres a oitava edición deste evento, organizado na vila por primeira vez no 2018.
O acto está organizado conxuntamente pola Real Federación Galega de Vela e o Concello de Sanxenxo. Conta tamén coa colaboración do Real Club Náutico de Sanxenxo.
E con ese obxectivo, a Gala de Vela Galega volverá recoñecer a algúns dos nomes propios máis destacados do panorama galego e internacional, con especial protagonismo para figuras da vela olímpica como Patricia Suárez, así como os irmáns Martín e Jaime Wizner. Ademais, como cada ano, distinguirase tamén aos gañadores da clasificación autonómica nas distintas categorías de vela lixeira.No ámbito colectivo, o evento poñerá en valor tanto a tripulacións e equipos consolidados como a proxectos de promoción e eventos de referencia. Na presentación da gala o alcalde de Sanxenxo destacou que actos como este permiten seguir potenciando os deportes náuticos no municipio.
A gala vaise celebrar no auditorio Emilia Pardo Bazán, a partir das 19.30h. A continuación ofrecerase un cóctel no Real Club Náutico de Sanxenxo.






