Afectados da Tarifa Nocturna entregan 1.300 novas reclamacións

    tarifa100_040608.jpgPONTEVEDRA > A Plataforma de Afectados pola Supresión da Tarifa Nocturna entregou hoxe na Subdelegación do Goberno 1.300 novas reclamacións …

    {flowplayer}images/salnes/tarifanocturna040608.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA > A Plataforma Galega de Afectados pola Supresión da Tarifa Nocturna fixo entrega hoxe na Subdelegación do Goberno en Pontevedra de 1.300 novas reclamacións contra o Real Decreto que entrará en vigor en xuño. En total levan xuntadas xa 4.500 firmas.

    Mañá a plataforma reunirase no Ministerio de Industria co director xeral de Políticas Enerxéticas para trasladarlle as reivindicación dos afectados. Trátase dunha reunión de vital importancia para conseguir a retirada definitiva da supresión da tarifa nocturna e para que o real decreto posto en marcha polo Goberno central non se execute.

    Entre as reivindicacións que trasladarán ó director xeral de Política Enerxética atópase a suba do 35 por cento na factura da luz ou que os usuarios non asuman os gastos da nova instalación. A plataforma de afectados afirman que os usuarios están a recibir cartas ameazantes por parte das compañías como unha medida de presión para acelerar a execución das novas instalacións eléctricas. Recomendan precaución e pautas a seguir.

    Redacción Salnés