A Xunta acorda con Brenntag unha indemnización de 5,5 millóns

    xuizo_brenntag100.jpgPONTEVEDRA> A Xunta xa cobrou 5,5 millóns de euros como indemnización polos custes de actuación tralo vertido ó río Umia, …

    {flowplayer}images/salnes/novidades_xuizo_brenntag.flv{/flowplayer}

    … causado polo accidente de Brenntag en Caldas.

    A pasada semana, xa antes de iniciarse o xuízo, a Xunta e a aseguradora Chartis, da multinacional alemana, acadaron un acordo extraxudicial pero só para a parte de indemnizacións. O acordo foi confidencial ata agora para non interferir no proceso xudicial aberto desde este luns e fíxose para asegurar o cobro inmediato da indemnización, ante o resultado incerto do xuízo.

    Lembramos que a Xunta reclamaba nun principio 9,6 millóns de euros por custes de actuación para apagar o incendio e conter o vertido tóxico; por danos ecolóxicos e polas obras de emerxencia que desenvolveu para garantir o abastecemento de auga ó Salnés.

    Segundo puido saber Canal Rías Baixas, estes días tamén houbo acordos con outros indemnizados, caso do camioneiro Aurelio Játiva, que o pasado luns cuestionou as medidas de seguridade de Brenntag na descarga de tolueno onde se orixinou o incendio.

    O xuízo céntrase logo nas responsabilidades penais dos tres acusados, o entón capataz de disolventes e o seu axudante e maila conselleira de seguridade da planta de Caldas.

    O fiscal pide para eles catro meses e 15 días de cárcere por un delicto contra os recursos naturais e o medio ambiente por omisión e imprudencia grave. A fiscalía entende que os operarios non conectaron unhas pinzas metálicas desde o contedor de tolueno a unha toma de terra para evitar a xeración dunha chispa, e que ademais a conselleira de seguridade non supervisou a operación. Extremo que negan os tres acusados, que se declaran non culpables.

    Redacción Salnés