![]()
CAMBADOS > O Obradoiro de Emprego Insértate apura as últimas obras antes da súa clausura. Hoxe presentaron as realizadas no Pombal, …
{flowplayer}images/salnes/pombal.flv{/flowplayer}
CAMBADOS > O Obradoiro de Emprego Insértate, de Cambados, apura as últimas obras antes da súa clausura. Hoxe presentaron os traballos realizados no Pombal, que custaron 12.000 euros.
Os alumnos do Obradoiro Insértate de Cambados recuperaron o entorno do complexo polideportivo do Pombal cunha área axardinada detrás das pistas de tenis, que adornaron con árbores e esculturas en granito, e dotaron de rego automático. A obra está incluída no Programa Cidade Verde. Ademais liberouse a vía paralela ó paseo marítimo do Saco de Fefiñáns para crear novas prazas de aparcamento.
O lavadoiro do Pombal tamén foi restaurado polo Obradoiro Insértate. Os traballos de recuperación do patrimonio figuran tanto neste proxecto como no do vindeiro curso. O alcalde aproveitou para anunciar diversas melloras no complexo polideportivo do Pombal. Segundo indicou onte xa ultimou co presidente da Deputación a inauguración da nave de piragüismo.
Redacción Salnés








