Cambados centrará o VI simposio internacional LGTBI na educación afectivo sexual

CAMBADOS> Cambados organizará o VI simposio internacional lgtbi. A edición deste ano centrarase na educación afectivo sexual. Terá lugar o 22 de outubro e contará coa participación de Amnistía internacional.

O concello de Cambados leva anos sendo un referente na loita pola igualdade e a favor dos dereitos lgtbiq+. Continuando con esta loita, o  concello presenta o VI simposio internacional lgtbi Galicia.

Cada ano a edición céntrase nun tema concreto. Este está enfocado á educación afectivo sexual.

O simposio conta coa participación de asociacións de toda Galicia e incluso a nivel mundial. A edición contará este ano coa participación de Amnistía Internacional. A celebración deste simposio axuda a loitar pola igualdade, o respecto e a tolerancia.

O simposio terá lugar o dia 22 de outubro en Exposalnés. A inscrición para participar e gratuíta a través de igualade@cambados.es. o evento tamén se pode seguir de forma online.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí