Chega a Vigo o barco apresado co maior alixo de droga do ano

detidos_narcotrfico_100.jpgVIGO > Esta mañá chegou ó peirao vigués da Etea o barco aprendido na madrugada do domingo a unhas 1.000 millas das Canarias con 3.600 quilos de cocaína.

É o maior alixo de droga incautado en España neste ano, que podería ter un valor no mercado que superior ós 200 millóns de euros. Xunto coa embarcación, custodiada polo patrulleiro Petrel Primeiro, chegaron os 15 detidos que viaxaban no barco. Dous deles son galegos, con iniciais F.C.G e J.L.F.T, e segundo parece, pode tratarse de dous veciños da Arousa.

O San Miguel chegou ó peirao vigués en mal estado, e tiña unha vía de auga que atrasou a chegada do pesqueiro. Con el tamén viñeron os 15 tripulantes da embarcación que xa están detidos, e os 144 fardos da cocaína incautada. Os servizos especiais da Axencia Tributaria en Galicia xa levaban uns meses seguindo o rastro do pesqueiro na operación chamada Antilla. Puideron interceptar ó barco hai un mes grazas a axuda dun avión do exército, e procederon ó seu abordaxe esta fin de semana, cando se atopaba a unhas 1.000 millas das Canarias, despois da autorización das autoridades venezolanas.

Os quince tripulantes detidos pasaron rexistro esta tarde xunto cos seus avogados, antes de ser postos a disposición xudicial. Son 12 homes de nacionalidade venezolana, un italiano residente en Alacante, e dous galegos, que segundo parece, poden ser veciños de dúas localidades da Arousa. Todos eles teñen antecedentes policiais.

O barco, que partira da costa venezolana, tiña coma punto de destino Galicia, para a posterior distribución dos 3.600 quilos da drogaba que transportaba a outros países europeos. A operación Antilla segue agora aberta, e non está relacionada con outro caso anterior.

Redacción Salnés