Os pais da unitaria de Sar deixan os seus fillos sen asistir a clase

    naisunitariacespon_100_050608.jpgBOIRO > Dende hai varias semanas reclaman o traslado dos seus fillos para o curso que vén ó CEP de Cespón.

    {flowplayer}barbanza/naisunitariacespon.flv{/flowplayer}

    Hai tempo que un grupo de pais con nenos escolarizados na escola unitaria de Sar, na parroquia boiresa de Cespón, manteñen un airado desencontro co executivo local. O motivo do mesmo non é outro que o mal estado que presentan as instalacións e a falta de prazas. Fartos de que non lles fagan caso ás súas solicitudes iniciaron medidas de protesta. A primeira foi deixar ós nenos sen acudir hoxe a clase. Así os pupitres estiveron durante a xornade de hoxe baleiros, xa que ningún dos 16 rapaces de educación infantil que diariamente acuden a clase foron a ela. A medida drástica foi tomada polos seus pais, cansos de que non lles fagan caso dende o concello ás súas solicitudes. Dende hai varias semanas manteñen unha fronte aberta co executivo local polo mal estado das instalacións e pola falta de prazas.

    Deficientes instalacións

    Segundo eles a unitaria non reune actualmente os requisitos mínimos para que os seus fillos poidan recibir unha educación axeitada con problemas de humidades, falla de potencia eléctrica, baños que non funcionan, e fundamentalmento, pouco espazo no seu interior. Por esta razón e para tratar de que se solucionen estes problemas de cara o próximo curso decidiron emprender accións máis drásticas.

    Unha das solucións segundo os propios pais viría dada polo traslado dos cativos ó colexio público de Cespón, a outra podería ser habilitar dúas aulas na antiga unitaria, actualmente usada como local social.

    Concentración no concello

    Para mañá venres os pais teñen convocada unha concentración diante do concello.

    Redacción Barbanza