![]()
VILAGARCÍA > Os veciños da zona da Florida, en Vilagarcía están indignados. Logo de ter que agardar case 18 meses para que o Concello …
{flowplayer}images/salnes/PARQUE_COCA.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA > Os veciños da zona da Florida, en Vilagarcía están indignados. Logo de ter que agardar case 18 meses para que o Concello emprendese ás obras de reforma do paseo da Coca á beira do río do Con tralos asolagamentos dos 2006, unha vez que comezaron as obras este é o ritmo das mesmas.
Esta obra foi adxudicada polo goberno local á empresa COVSA por valor de 316.800 euros e un prazo de execución de dous meses e medio. Un tempo que segundo os veciños nos lles vai a chegar a nada co ritmo que levan. Nestes tempos de crise á cidadanía protesta que cada día hai menos traballo pero, á xulgar polas imaxes gravadas esta tarde, nesta obra traballo e tempo é o que sobra.
Os veciños contemplan cada día este relaxante espectáculo como se o parque da Coca fose agora o de Cuba onde, como dí o anuncio, ninguén se estresa. Tras ver este panorama, ós vilagarciáns residentes no entorno éntranlle máis ganas aínda de pasar á traballar para o Concello, onde o control das mesmas non é nada agobiante e mentres tanto, como dicía aquel, España va bien.
Redacción Salnés








